O Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) é un Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Cultura y Deporte de España que ten entre as súas funcións o fomento e difusión de actividades musicais, líricas, coreográficas, teatrais e circenses. O seu traballo sobre a danza abrangue as axudas para compañías, asociacións, festivais, concursos, publicacións e a concesión dos Premios Nacionais á creación e interpretación de danza. Ademais, o INAEM ten dous centros de creación coreográfica, o Ballet Nacional de España e a Compañía Nacional de Danza, e exhibe regularmente espectáculos de danza no Teatro de la Zarzuela, outra das súas unidades de creación e exhibición de espectáculos. O INAEM forma parte dos padroados do Teatro Real, Gran Teatre del Liceu e Teatro de la Maestranza. España deulle á danza, nas últimas décadas, unha prodixiosa xeración de coreógrafos e bailaríns, profesionais que deixan a súa pegada en todo o mundo. Desde o INAEM considerouse que un Portal da Danza podería ser un bo instrumento para que eses magníficos traballos se dean a coñecer aínda máis. Non só para iso, tamén para que os nosos profesionais e o noso público poidan encontrarse, poidan comunicarse. Con esa intención nace Danza.es. En Danza.es, o profesional poderá atopar toda a información útil para o seu traballo. Mesmo terá a posibilidade de entrar en contacto con outros profesionais para atopar traballo ou integrarse en proxectos. Os afeccionados poderán coñecer a actualidade e a realidade deste mundo fascinante. Procurouse un aspecto atractivo e sinxelo, que ofreza un acceso rápido e fácil a cada sección, entendendo como imprescindible o rigor na información que se lle ofrece ao usuario. O Ministerio de Cultura y Deporte ofrece Danza.es como un ben público, aberto a todos, sen limitación de estilos. É un portal para toda a danza. Correo electrónico: danza.es@inaem.cultura.gob.es
|
|
INAEM Sede |
|